Deputación de Lugo

O Presidente asiste á toma de posesión da nova Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos

Lugo
paula alvarellos
alcaldesa de lugo


O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este xoves pola tarde á toma de posesión de Paula Alvarellos como nova Alcaldesa de Lugo, un acto celebrado no Salón de Plenos da Casa Consistorial da capital lucense. O mandatario provincial trasladoulle sorte a Alvarellos nesta etapa á fronte do Concello, ao tempo que se amosou convencido de que “seguirá prestando co seu equipo, agora como Alcaldesa, o mellor servizo posible á cidadanía lucense, continuando co modelo de cidade sostible e transformador a nivel social, económico e urbanístico polo que apostou Lara Méndez”. Así mesmo, o Presidente expresou o seu compromiso de seguir mantendo unha estreita e fluída colaboración entre a Deputación e o Concello de Lugo para impulsar medidas que contribúan “a mellorar a calidade de vida dos lucenses e favorecer o seu progreso económico”.