Deputación de Lugo
Formación

A Deputación colabora un ano máis coa difusión do Lucus Intercentros no que participan os 7 institutos da capital

miguel fernández
Formación
SERVIZOS AUDIOVISUAIS

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este venres no IES Muralla Romana na entrega de premios do XI Concurso Lucus Intercentros, que se emitiu un ano máis en directo a través da páxina web do centro educativo grazas á realización que levaron a cabo os alumnos do Centro de Formación de Audiovisuais da institución provincial.


A Deputación colabora un ano máis coa difusión deste concurso de preguntas e respostas no que participa alumnado de 1º de bacharelato dos sete institutos da cidade de Lugo: Ánxel Fole, Leiras Pulpeiro, Lucus Augusti, Muralla Romana, Nosa Señora dos Ollos Grandes, Sanxillao e Xoán Montes. O Concurso, organizado polo Departamento de Administración e Xestión do IES Muralla Romana, ten por obxectivo favorecer a interrelación de alumnado e profesorado dos centros de Educación Secundaria da capital.