Medio Rural e do Mar, Mocidade
Cultura
Deputación de Lugo

Taboada prepara a XXXII Festa do Caldo de Ósos co apoio da Vicepresidencia da Deputación

caldo de ósos
Taboada
IRIA CASTRO
cultura

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa celebración da XXXII edición da Festa do Caldo de Ósos de Taboada, que se celebra o 10 e 11 de febreiro na localidade da Ribeira Sacra. A deputada de Cultura Iria Castro presentou, xunto ao tenente de alcalde Xosé Portela e o concelleiro de Cultura, Deportes e Medio Rural Manuel Diéguez, a cita gastronómica no Pazo de San Marcos.

Castro destacou a importancia deste encontro que volve cunha nova imaxe e na que “a gastronomía é o centro da celebración pero tamén se engaden a cultura e a tradición, algo esencial para outorgar máis valor a esta cita que xa, de por si é todo un éxito de público”. Así mesmo, agradeceu “a posta en valor do produto local e da capacidade de traballo para renovar un dos símbolos de identidade indiscutible do concello de Taboada e da contorna”.

Por outra banda, Portela incidiu “no carácter único do caldo de ósos, que co paso dos anos conseguiu consolidar Taboada, como espazo ineludible de xuntanza para os amantes da gastronomía de calidade”. “A Festa do Caldo de Ósos, non é só a unha celebración gastronómica: nunha cunca de caldo de ósos, saboréase tamén o territorio,  a historia e o patrimonio, a tradición, a lingua, e cada símbolo identitario da zona. Así se recolle no cartel desta XXXII edición da Festa: unha gráfica de Rosa de Cabanas, arquitecta, ilustradora e deseñadora cunha fonda vinculación co medio rural”

O prato de caldo de ósos poderá desfrutarse nos locais de hostalería de Taboada durante a fin de semana e, de xeito gratuíto na Praza de Riazón. Nesta edición tamén se dá valor ao compoñente máis cultural e patrimonial: o protagonismo do produto pero tamén das persoas, a visibilización e valorización do acervo culinario.

Caldo Ósos