60 persoas participaron na xornada de poda de vimbio en Reque
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2024-02/WhatsApp%20Image%202024-02-04%20at%2015.17.13.jpeg)
Sesenta persoas participaron na xornada de poda de vimbio desenvolvida este domingo en Reque, en Lugo. A actividade, que inaugura a programación que se desenvolve neste espazo natural recuperado pola Vicepresidencia da Deputación a carón do río Rato, permite coidar e rexenerar a plantación de vimbio, ao tempo que as persoas asistentes aproveitan para recoller vimbios para uso propio.