A Deputación de Lugo, na Mostra do Aceite de Quiroga, Festa de Interese Turístico de Galicia
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2024-04/IMG-20240421-WA0126.jpg)
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na 24º edición da Mostra do Aceite de Quiroga, que se celebrou na parroquia de Santa María de Bendilló e que está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. A cita contou este ano con actividades para todos os públicos, como a demostración da elaboración artesanal do aceite, postos de venta de produtos típicos da zona, degustacións e actuacións dos grupos tradicionais O Recanto e Merenzao.