A Deputación felicita á nova promoción de graduados e graduadas en Veterinaria do Campus Terra
![Graduación Veterinaria Graduación Veterinaria](/sites/deputacionlugo.org/files/2024-07/IMG-20240713-WA0066.jpg)
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este sábado no acto de graduación da nova promoción de graduados e graduadas en Veterinaria. Neste evento, que se celebrou no auditorio da Facultade, o Deputado felicitou aos estudantes polo esforzo que realizaron ao longo da súa etapa educativa e subliñou que “a facultade de Veterinaria, como o Campus de Lugo, é un exemplo de calidade docente, excelencia na investigación e dese sentido transversal, humanístico, que define o mellor espírito da universidade pública”.