A Deputación colabora con Santaballa para revivir o seu pasado indiano esta fin de semana
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na inauguración da XIV Feira do Indiano que organiza a Liga Santaballesa na parroquia vilalbesa de Santaballa. A institución provincial achega 4.000€ á organización desta cita que, segundo apuntou o Deputado, “contribúe a axudar na conservación do legado daqueles que tiveron que deixar a súa terra na procura dunha vida mellor”. O programa deste sábado inclúe unha mesa redonda para falar sobre a simboloxía galega na inmigración e pezas de música caribeña da man do grupo Toxo Guayaba.
Na Feira participou xunto ao Deputado o Presidente da Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, José Isidro Cillero Prieto; o segundo Tenente de Alcaldesa de Vilalba, Eduardo Vidal; e a Cónsul Xeral de Cuba en Santiago de Compostela, Annabel Lafargue Wilmoth.