A Deputación colabora coa APEHL para apoiar a candidatura da provincia de Lugo ao III Campionato Oficial de Hostalería de España

A Deputación de Lugo destina 3.000€ á Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (APEHL) para colaborar coa participación do cociñeiro do restaurante Orixe do Campo, José Luis Pardo, no III Campionato Oficial de Hostalería de España – Tapas e Pinchos, que organiza a entidade Hostalería de España. A proposta que representará á provincia, Petisco Larpeiro, trátase dun tartar de vieira con crema de aguacate, espuma de xamón de Porco Celta e tomate semiseco.
O evento, que cumpre coa terceira edición, celébrase os días 27 e 28 de xaneiro no marco do Congreso Internacional de Gastronomía e reunirá, durante estas dúas xornadas, a un total de 31 establecementos en representación das asociacións e federacións provincias de hostalería. Este certame é a fase final que se realizar tras celebrar os diferentes concursos de tapas e pinchos organizadas polas federacións provinciais de hostalería e que no caso de Lugo pon en marcha a APEHL.