Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación apoia o proxecto de valorización dos soutos dos Ancares da cooperativa A Carqueixa

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
RURAL
A CARQUEIXA
CASTAÑAS
OS ANCARES
DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ
A área de Rural financiou a compra dunha máquina recolectora de castañas, que facilitará os traballos de recollida

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo renovou a súa colaboración coa cooperativa ancaresa A Carqueixa, dirixida este ano a fortalecer o proxecto de valorización da produción de castañas nos soutos das persoas socias.

Concretamente, a area dirixida por Daniel García financiou a compra dunha máquina recolectora de castañas, que permitirá mecanizar os traballos de colleita para tratar de aproveitar ao máximo a produción e evitar o abandono da actividade.

A máquina, que se pon en funcionamento a través da toma de forza dun tractor,  recolle os ourizos directamente do chan a través dun tubo aspirador -de ata 75 metros de lonxitude - e limpa e separa o ourizo do froito. Ten capacidade para recoller ata 3 toneladas de froito diarias.

O deputado Daniel García valorou “a iniciativa da cooperativa A Carqueixa que nos últimos anos está apostando pola diversificación produtiva a través de proxectos como o aproveitamento dos soutos para xenerar novas vías de ingresos para os gandeiras e gandeiras, contribuíndo ao desenvolvemento sostible da comarca”.

As persoas socias da cooperativa suman unhas 2.000 hectáreas de castaños - 500 delas, con selo ecolóxico- , a maioría delas sen aproveitamento produtivo, entre outras razóns, pola dificultade de realizar a recollida de xeito manual.

A incorporación da maquinaria dará impulso ao proxecto de recuperación e valorización da produción de castañas que ven impulsando a cooperativa, na liña de traballo que xa desenvolveu coa carne de vacún e coa marca O sabor dos  Ancares, que tamén contou co apoio da área de Rural.