Deputación de Lugo
Economía

A Deputación de Lugo renova a Mesa Local de Comercio para impulsar o sector nos concellos

comercio local

A Deputación de Lugo renovou este venres a Mesa Local deComercio, nunha sesión constitutiva celebrada na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos, na que están representados os concellos da provincia que contan con menos de 20 establecementos retallistas ou que non teñen asociacións de comerciantes. Este órgano queda agora integrado pola Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; o presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas; o Director Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro; e como secretario José Antonio Mourelle Cillero. 

A Mesa Local de Comercio ten como finalidade facilitar ás entidades locais o acceso ás axudas destinadas á mellora e impulso das infraestruturas comerciais. Ademais, pretende servir como foro para debater e desenvolver iniciativas orientadas á dinamización e modernización do sector.