Deputación de Lugo

A Deputación felicita aos titulados de Bioquímica e de Relacións Laborais do Campus de Lugo

Pablo Rivera Capón
Graduacións - Pablo Rivera

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, deu os parabéns este venres ao alumnado que rematouos seus estudos nos graos de Bioquímica e de Relaciones Laborais, ambos impartidos no Campus Terra da USC en Lugo. As cerimonias tiveron lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias e na Escola Universitaria de Relacións Laborais, respectivamente.

Rivera Capón aproveitou os actos de graduación para reafirmar o compromiso da Deputación de Lugo coa educación pública, recordando que “Lugo é a administración provincial que máis inviste nunha universidade pública, no convencemento de que se trata dunha aposta polo futuro da mocidade da provincia”. Ademais animou aos graduados a construír un futuro en Lugo e desexoulles moitos éxitos, “os vosos logros serán tamén os de toda a sociedade”, sinalou.