A Deputación de Lugo impulsa esta fin de semana a festa indiana de Santaballa para celebrar memoria, cultura e tradición

A Deputación de Lugo reafirmou o seu compromiso coa posta en valor do patrimonio cultural e histórico da provincia colaborando con 4.000 euros na organización da Feira do Indiano e das Xornadas sobre Migracións Indianas que se celebraron este sábado na Casa Habanera de Santaballa, en Vilalba, cun amplo programa de actividades culturais deportivas e gastronómicas.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol MorandeiraMorandeira, asistiu que constitúe un encontro fundamental para lembrar a pegada dos emigrantes que desde principios do século XX cruzaron o Atlántico en busca dunha vida mellor deixando unha fonda herdanza na súa terra de orixe. No seu discurso Marisol Morandeira destacou que é unha enorme satisfacción volver a Santaballa para participar nesta cita xa plenamente consolidada “que nos convida a facer unha viaxe no tempo para lembrar a valentía e a visión de futuro de quen cruzou o océano en busca dunha vida mellor sementando progreso e cultura na nosa terra” e puxo en valor o traballo da Liga Santaballesa, organizadora do evento, por manter viva a memoria colectiva e por converter a Casa Habanera nun lugar que une pasado presente e futuro con propostas que cada ano atraen máis público e poñen en valor o patrimonio.
A edición deste ano conta cun programa cheo de propostas para veciños e visitantes como a exhibición de ciclismo clásico, música en directo con ritmos galegos e caribeños,talleres infantís, actividades para toda a familia, degustación de gastronomía tradicional e menús de inspiración indiana,unha foliada popular con bailes tradicionais cubanos e galegos e espazos de debate.