A Deputación arroupa á comunidade galega en Barcelona na misa e procesión de San Froilán

O San Froilán de Nou Barris celebrou este domingo o seu día grande, cunha xornada dedicada ao Patrón de Lugo que reuniu a centos de persoas. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas,Carmela López Moreno, participou na misa solemne en honra de San Froilán, oficiada polo párroco da Milagrosa de Lugo, coa colaboración das parroquias de San Rafael e San Mateo de Nou Barris e acompañada polas voces dunha coral.
Tras a cerimonia tivo lugar a tradicional procesión polas rúas do barrio, coa participación da banda de gaitas Xuntanza de Catalunya, Sons de la Cossetània de Tarragona e a Colla Gegantera de Nou Barris, nun desfile cheo de música, emoción e tradición galega.
A Praza Maior de Nou Barris acolleu despois unha sesión vermú e diversas actuacións, que puxeron o broche final a unha fin de semana no que Galicia e Barcelona volveron darse a man arredor da figura de San Froilán.
López Moreno, que recibiu onte o Premio Mulleres da Galeguidade ”polo seu legado e compromiso coa comunidade galega en Cataluña”, subliñou a importancia de manter vivas estas celebracións no exterior como símbolo de identidade e irmandade.