A Deputación de Lugo participa nos actos de conmemoración á patroa da Garda Civil

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo nos actos celebrados en Lugo con motivo da Festividade do Pilar, patroa da Garda Civil. A xornada comezou na capital da provincia cunha misa na Igrexa de San Francisco Javier e, acto seguido, tivo lugar o acto castrense no Patio de Armas da Comandancia da Garda Civil. Durante o transcurso desta conmemoración, unha representación de axentes foi condecorada coa Cruz do Mérito da Garda Civil con distintivo branco.