Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación lanza unha nova edición do Tradigalu, que achegará a música tradicional e popular a toda a provincia

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
música tradicional
BANDAS
CORAIS
Cultura destina 295.000 euros ao programa, que contribúe ao sostemento de formacións  musicais

As asociacións poderán solicitar actuacións desde o 20 de xaneiro

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición de Tradigalu, que levará actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais polas distintas comarcas.

A Xunta de Goberno aprobou este venres o programa que ten como principal obxectivo promover e difundir a música popular e tradicional, fomentando a súa presenza nas programacións musicais e culturais por todo o territorio da provincia.

A deputada de Cultura Iria Castro lembrou que “en 2025, Tradigalu permitiu programar máis de 300 actuacións, consolidándose como unha das principais vías de apoio  a actividade de asociacíons veciñais e culturais  en parroquias e concellos de toda a provincia e tamén un importante soporte para o tecido asociativo da música tradicional, decenas de agrupacions  que participan habitualmente no programa, xenerando  uns recursos que contribúen a manter a súa actividade”.

Nese sentido subliñou que “o programa sitúa a área de Cultura como un dos princpais referentes institucionais na promoción da música tadicional, algo que nos enorgullece especialmente e que é froito tamén do traballo realizado en mandatos anteriores desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo”.

As asociacións e colectivos poderán solicitar actuacións desde o 20 de xaneiro, seguindo as indicacións dispoñibles nesta ligazón. A área de Cultura asume o 80 por cento do custo das actuacións. Asociacións e concellos deben aboar aos grupos o 20 por cento restante.

Na confección do calendario de actuacións,  a área de Cultura buscará chegar a todas as comarcas, evitando a concentración en puntos concretos e prestando especial atención á conservación e fomento das tradicións.