Avanzan os traballos para concretar unha solución técnica que aumente a capacidade do Pazo
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro mantivo esta mañá unha reunión coa empresa Antonio Desmonts, encargada de realizar o estudio sobre as posibilidades de ampliación da capacidade do Pazo.
No encontro, programado para facer un seguimento da evolución dos traballos, o representante da empresa confirmou avances no deseño dunha proposta viable para conseguir un aumento significativo do número de asentos dispoñibles.
Dacordo co compromiso adquirido pola empresa, Efrén Castro avanzou que “no prazo dun mes e medio faremos unha presentación do estudio, co resultado final dos traballos, no que se concretará tanto a solución técnica e o alcance da ampliación como a memoria económica”
A este respecto, adiantou tamén que “unha vez dispoñamos desa información, faremos unha rolda de contactos con outras administracións para establecer colaboracions que permitan desenvolver unha actuación tan importante e desexada”.