A Deputación apela en Sober “á necesidade de fortalecer a industria ligada ao rural” no Encontro de CESUGA
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, interveu este venres na clausura do foro económico O encontro de Sober: diálogos rural-industria, celebrado na áurea do Palacio soberino polo Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA). A cita puxo o peche a dúas xornadas de análise e reflexión sobre o futuro do rural galego e a súa conexión co tecido industrial.
Durante a súa intervención, Pilar García Porto apelou “á necesidade de fortalecer a industria ligada ao rural” como elemento clave para o desenvolvemento económico do territorio. Así mesmo, destacou a importancia de seguir avanzando en cadeas de valor completas que contribúan a xerar riqueza e fixar poboación no medio rural.