“LA mejor noticia para a provincia”: aprobado o Plan Único 2019 que inxecta outros 21 millóns nos 67 Concellos
- Campos Conde subliñou que “hoxe é un día de alegría”. “Continuamos con este traballo e inxectamos un total de 73 millóns nos 67 Concellos neste mandato só co Plan Único”
O Pleno da Deputación aprobou este martes as bases e orzamento do Plan Único 2019 cos votos a favor de PSOE, BNG e PP e co voto en contra do Deputado non adscrito. Supón a inxección de 21 millóns de euros nos 67 Concellos da provincia en base á superficie, poboación, taxa de envellecemento e núcleos de poboacionais de cada municipio. Son os criterios obxectivos de distribución de fondos, que supoñen achegas máximas de 500.000 euros en Concellos como Lugo, Monforte de Lemos, Vilalba, Viveiro e Sarria, e duns 200.000 en municipios como Rábade, Negueira de Muñiz ou Triacastela.
O Presidente, Darío Campos Conde, detallou que “coas tres pasadas anualidades, levamos 52 millóns aos 67 Concellos con esta programación. Este investimento permitiu executar máis de 900 obras en estradas, rúas, traídas de augas, instalacións deportivas, culturais..., ofrecer 600.000 horas de atención profesional a 2.500 maiores co SAF Básico ou contribuír á celebración duns 4.000 eventos turísticos, deportivos ou culturais no conxunto do territorio lugués”. Campos Conde subliñou que “hoxe é un día de alegría. A aprobación do Plan Único 2019 é a mellor noticia para a provincia, pois achegamos outros 21 millóns para continuar este traballo, inxectando un total de 73 millóns nos 67 Concellos neste mandato só a través do Plan Único”.
Plan Único 2019
Os Concellos destinarán como mínimo o 50% dos fondos que lle corresponden a novos investimentos. Isto supón que cando menos 10,5 millóns serán para este fin, investimento que todos os anos os municipios deciden incrementar. Outro mínimo de 1,5 millóns é para o financiamento do SAF Básico ou Servizo a Domicilio a persoas non dependentes. Os Concellos tamén poden aumentar este orzamento, atendo ás necesidades dos maiores. O ano pasado fíxose ata os 1,8 millóns. Os restantes 9 millóns poden destinarse a políticas de emprego, actividades turísticas, deportivas e culturais, administración electrónica ou aos grupos de protección civil.
Fondos por Concello
|
Abadín |
329.275,80 € |
|
Alfoz |
268.158,30 € |
|
Antas de Ulla |
269.541,13 € |
|
Baleira |
271.011,24 € |
|
Baralla |
286.813,47 € |
|
Barreiros |
269.857,07 € |
|
Becerreá |
296.700,03 € |
|
Begonte |
290.246,58 € |
|
Bóveda |
241.688,79 € |
|
Burela |
361.693,72 € |
|
Carballedo |
310.584,95 € |
|
Castro de rei |
380.025,14 € |
|
Castroverde |
297.036,59 € |
|
Cervantes |
311.428,22 € |
|
Cervo |
286.904,29 € |
|
Corgo (O) |
329.756,66 € |
|
Cospeito |
354.704,69 € |
|
Chantada |
455.099,86 € |
|
Folgoso do Courel |
270.922,97 € |
|
Fonsagrada (A) |
428.690,86 € |
|
Foz |
410.084,18 € |
|
Friol |
398.304,97 € |
|
Guitiriz |
429.524,47 € |
|
Guntín |
307.748,47 € |
|
Incio (O) |
282.528,84 € |
|
Láncara |
290.187,63 € |
|
Lourenzá |
248.714,26 € |
|
Lugo |
500.000,00 € |
|
Meira |
218.660,34 € |
|
Mondoñedo |
301.862,80 € |
|
Monforte de lemos |
500.000,00 € |
|
Monterroso |
297.730,19 € |
|
Muras |
283.387,68 € |
|
Navia de Suarna |
303.373,75 € |
|
Negueira de Muñiz |
190.296,71 € |
|
Nogais (As) |
236.851,35 € |
|
Ourol |
300.918,94 € |
|
Outeiro de rei |
344.203,47 € |
|
Palas de rei |
367.306,51 € |
|
Pantón |
324.680,78 € |
|
Paradela |
279.178,60 € |
|
Páramo (O) |
241.845,62 € |
|
Pastoriza (a) |
317.851,11 € |
|
Pedrafita do Cebreiro |
250.740,41 € |
|
Pobra do Brollón (a) |
281.702,27 € |
|
Pol |
261.969,64 € |
|
Pontenova (a) |
268.743,11 € |
|
Portomarín |
259.302,45 € |
|
Quiroga |
342.231,92 € |
|
Rábade |
193.177,35 € |
|
Ribadeo |
430.058,60 € |
|
Ribas de Sil |
227.565,93 € |
|
Ribeira de Piquín |
228.797,34 € |
|
Riotorto |
234.354,98 € |
|
Samos |
271.415,00 € |
|
Sarria |
500.000,00 € |
|
Saviñao (o) |
372.095,67 € |
|
Sober |
317.491,65 € |
|
Taboada |
319.880,36 € |
|
Trabada |
248.838,69 € |
|
Triacastela |
199.139,26 € |
|
Valadouro (O) |
282.708,15 € |
|
Vicedo (O) |
251.292,22 € |
|
Vilalba |
500.000,00 € |
|
Viveiro |
500.000,00 € |
|
Xermade |
301.341,24 € |
|
Xove |
271.772,67 € |
|
Totales |
20.999.999,94 € |