Deputación de Lugo
Economía

A Deputación de Lugo colabora na edición dun atlas que afonda nos retos medioambientais das cidades galegas

atlas
medio rural
A institución provincial apoia a Economía Digital Galicia na publicación dun traballo que ten como obxectivo ser útil para tomar medidas que contribúan a corrixir os principais problemas que teñen neste eido os grandes municipios galegos

A Deputación de Lugo colabora con Economía Digital Galicia na elaboración dun atlas do compromiso medioambiental das cidades galegas.

Esta iniciativa ten como obxectivo poñer o foco nos retos medioambientais aos que se enfrontan os grandes municipios galegos. Entre os parámetros que se contemplan está o Índice de Desenvolvemento Sostible (IDS), Barómetro de Sustentabilidade (BS); Environmental Sustainability Index (ESI); Pegada Ecolóxica (EF), Genuine Progresss Indicator (GPI) e Obxectivos de Desenvolvementos Sostibles (ODS). Ademais, estes parámetros tamén permiten dar outras lecturas máis sectorializadas, como dende a cuestión social, demográfica, seguridade, equipamentos, ou tráfico, facéndoo aínda máis útil. 

O estudo será unha ferramenta de utilidade para tomar dende as diferentes administracións medidas que corrixan as eivas e potencien os valores existentes, co que a acción beneficiará á cidadanía. Así mesmo, o proxecto dará visibilidade aos seus recursos naturais e patrimoniais.