Deputación de Lugo
Economía

O Presidente subliña a capacidade da Deputación de Lugo para loitar “con feitos” polo futuro do rural, dotándoo de “máis servizos e actividade económica”

manuel campo vidal
reto demográfico
territorios rurais intelixentes
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, inaugurou este xoves a conferencia A Esperanza de Recuperar a España Rural, que ofreceu no Salón de Actos o xornalista e doutor en Socioloxía Manuel Campo Vidal como colofón do curso Especialista en Territorio Rural Intelixente, promovido pola institución provincial para proporcionar aos axentes económicos e sociais da provincia máis coñecementos e ferramentas para dinamizar o territorio e fixar poboación.
José Tomé subliñou que con esta iniciativa a Deputación de Lugo volve a demostrar a súa capacidade para loitar “con feitos” polo futuro do rural, dotándoo de máis servizos e actividade económica. Desta forma, incidiu, “fronte ás declaracións baleiras de contido de quen prometía lexislaturas do rural, dende a Deputación de Lugo traballamos polo rural sempre. Centramos os nosos esforzos cada día en acercar os servizos públicos aos veciños e en fomentar a actividade económica e o emprego, contando cos concellos, co tecido produtivo e coa Universidade, porque estes, e non outros, son os factores esenciais para que a xente se quede a vivir nas aldeas, nos pobos e nas vilas: Servizos públicos e emprego”.
Froito dese compromiso é a organización do curso Especialista en Territorio Rural Intelixente, da cátedra sobre reto demográfico que preside Campo Vidal, ó único desta temática que existe na actualidade na oferta educativa.

A acción formativa cubriu as 75 prazas dispoñibles e abordou dende mediados de novembro materias como organización de proxectos, sustentabilidade, dixitalización ou comunicación, facilitando “o acceso de empregados públicos, axentes sociais e público en xeral a contidos e reflexións pensadas dende coñecemento e deseñadas para ter un impacto práctico concreto sobre o terreo”, explicou o Presidente da Deputación.
O mandatario provincial agradeceu a Campo Vidal o seu interese “polo desenvolvemento do rural e o seu papel como altofalante desa España con menor densidade de poboación que non sempre chega ás noticias e, cando o fai, non chega co ton positivo que convén, tanto á súa realidade, como ás súas posibilidades”.
Este curso tivo unha duración de 20 horas, distribuídas na xornada presencial que impartiu esta tarde Manuel Campo Vidal na Deputación, e clases en liña. Contou con 9 bloques temáticos, entre eles, as claves da transformación dixital, o equilibrio territorial ou o turismo rural como factor de desenvolvemento.
José Tomé inaugurou a conferencia A Esperanza de Recuperar a España Rural, que ofreceu o xornalista e doutor en Socioloxía Manuel Campo Vidal como colofón do curso Especialista en Territorio Rural Intelixente, promovido pola institución para proporcionar aos axentes económicos e sociais máis ferramentas para fixar poboación no territorio

“Fronte ás declaracións baleiras de quen prometía lexislaturas do rural, na Deputación traballamos sempre polo rural, centrando os nosos esforzos en acercar os servizos públicos aos veciños e en fomentar a economía e o emprego, contando cos concellos, co tecido produtivo e coa Universidade. Estas, e non outras, son as claves”

A acción formativa Especialista en Territorio Rural Intelixente, a única desta temática que existe hoxe na oferta educativa, cubriu as 75 prazas dispoñibles e abordou materias como organización de proxectos, sustentabilidade, dixitalización ou comunicación, “deseñadas para ter un impacto práctico concreto sobre o terreo”