Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora co Campionato estatal de Motocross no que participa Jorge Prado

deporte
DANIEL GARCÍA
Jorge Prado
Motocros

O Circuito Municipal Jorge Prado de Lugo acolle este sábado o Campionato de España de Motocross Élite co que colabora a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado Daniel García participou na presentación desta proba que será a primeira na que participa o rider lucense Jorge Prado, campión do mundo de MXGP. García felicitou ao piloto e destacou a importancia de “apostar dende as administracións por deportes minoritarios e traballar nunha base para o futuro” e animou “á veciñanza a asistir a esta competición que será, seguro, un espectáculo para amantes deste deporte e persoas que se adentren por primeira vez nel”. A competición, debido ao mal tempo, celebrarase só na xornada do sábado. Na presentación participaron Jorge Prado, e representantes doutras institucións. 

Jorge Prado