A Deputación asiste en Ponferrada a un encontro da Rede de Centros de Innovación Territorial á que pertence
Esta é a terceira edición do evento, que se está a celebrar durante este xoves e venres, e no que se inclúen diferentes relatorios sobre a mobilidade, o transporte ou as oportunidades da enerxía para os territorios
O Deputado de Promoción Económica e Social recordou que a institución provincial e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico manteñen un acordo de colaboración de case 1M€ destinado a frear o despoboamento e a dinamizar o rural
Jue, 16/04/2026 - 11:53