CONCURSO FOTOGRAFÍA 20º ANIVERSARIO RESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES LUCENSES
A IX Edición do Concurso de Fotografía terá como fío condutor nesta edición do 2026 “20 Aniversario da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá”, coa fin de conmemorar o seu 20ª Aniversario e de poñer en valor o seu patrimonio natural, cultural e etnográfico, así como o conxunto de prácticas e actividades tradicionais de aproveitamento dos recursos naturais que son vitais para o mantemento de todo o patrimonio característico deste territorio.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios/as dos premios da presente convocatoria as persoas físicas maiores de idade que estean interesadas, de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran cos seguintes requisitos:
- Ser maior de idade, de nacionalidade española ou residente legal en España.
- Estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estaren ao corrente coas obrigas coa Seguridade Social e coa Deputación Provincial, asinando a declaración responsable contida no Anexo I desta convocatoria.
- Os establecidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia e aplicables no presente caso.
- Non poderán participar neste IX Concurso os beneficiarios dos tres premios da edición anterior.
- A persoa que presente unha fotografía ao Concurso deberá ser o autor da mesma.
Premios
A contía total do concurso será de 1.600,00 euros divididos en tres premios:
1er Premio: 800,00 euros
2º Premio: 500,00 euros
3er Premio: 300,00 euros
Prazo de presentación
2. O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da presente convocatoria e bases ata o luns 30 de novembro de 2026 (incluído).
Forma de presentación
As solicitudes dirixiranse á Presidenta e, xunto coas fotografías, presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo, Praza San Marcos, 8 (27001 - Lugo) ou se remitirán por correo postal certificado, ademais do resto de opcións recollidas conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, a:
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Rexistro Xeral
“IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “20º ANIVERSARIO DA RESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES LUCENSES E MONTES DE CERVANTES, NAVIA E BECERREÁ”
Praza San Marcos nº 8, 27001-LUGO
No caso de presentar a solicitude de participación nun rexistro distinto ao da Deputación Provincial de Lugo, deberá remitirse na mesma data da presentación un correo electrónico ao enderezo und.medioambiente@deputacionlugo.org no que se achegue o xustificante da presentación da solicitude no rexistro correspondente.
A documentación a presentar é a seguinte:
- O Anexo I “Solicitude de participación”
- Copia do DNI ou documento que legalmente o substitúa.
- Un sobre pechado rotulado no exterior coa frase ““IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “20º ANIVERSARIO DA RESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES LUCENSES E MONTES DE CERVANTES, NAVIA E BECERREÁ”” e o lema ou título da fotografía, sen outras identificacións persoais, no que se incluirá a fotografía en papel e no soporte dixital (CD-ROM ou memoria USB).
A fotografía para concurso será presentada sen montar, sen enmarcar e sen passe - partout, e poderá ser realizada en branco e negro ou en cor. A fotografía terase que presentar do seguinte xeito:
- Entregarase un CD-ROM ou unha memoria USB coa imaxe en formato TIFF, modo de cor RGB. O arquivo terá un tamaño mínimo de 15 Mb. No mesmo CD-ROM ou memoria USB deberá existir unha copia da fotografía cun tamaño aproximado de 1,2 Mb comprimidas co formato JPEG (.jpg) en modo de cor RGB.
- Será necesario acompañar unha copia da fotografía en papel fotográfico cun tamaño de 24x30 cm, ocupando a imaxe a totalidade do papel sen montar, sen enmarcar e sen passe - partout, especificando claramente na parte traseira da fotografía o título ou lema, non podendo figurar nome, sinatura ou calquera outra identificación do participante.
- Documento bancario. Documento emitido pola entidade bancaria no que se indique o número de conta na que se procederá, no seu caso, ao abono do correspondente premio e no que necesariamente figurará o solicitante como titular.
Outros datos
- As obras deben ser inéditas e non poden ter sido premiadas con anterioridade.
- Deberase presentar unha única fotografía por solicitante, quedando excluídas do presente procedemento aquelas persoas que presentasen mais dunha fotografía ao concurso, ben nunha mesma solicitude ou en varias.
- A fotografía poderá ser realizada en branco e negro ou en cor, e deberá presentarse seguindo os requisitos da base quinta.
- Os autores das obras premiadas cederán a favor da Deputación Provincial de Lugo todos os dereitos patrimoniais destas, en especial os dereitos de exposición, publicación e calquera outros relacionados coa difusión, citando sempre o nome do autor. Estes dereitos estenderanse a un período total de trinta anos.
- En ningún caso se devolverán as fotografías aos participantes no concurso.
Documentos da convocatoria
Bases
Anexo I pdf
Anexo I editable