PERFIL DO CONTRATANTE


En cumprimento do disposto no artigo 334 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, e de conformidade co establecido na disposición adicional terceira da Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, o Perfil do Contratante da Deputación Provincial de Lugo pasa a integrarse na Plataforma de Contratación do Sector Público. Por este motivo, a información relativa aos novos procedementos de contratación que inicie a Deputación Provincial de Lugo xestionarase e publicarase unicamente a través desta plataforma.

Para acceder ao novo Perfil do Contratante da Deputación Provincial de Lugo, integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público, deberá premer nas seguintes imaxes en función do órgano de contratación que corresponda:

 

XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE LUGO

PLENO DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Perfil contratante - xunta goberno

Perfil contratante - pleno

 

ACCESO AO ANTIGO PERFIL DO CONTRATANTE

AVISO

Desde hai varias semanas os candidatos e licitadores dos contratos públicos reciben correos electrónicos fraudulentos nos que se suplanta, ben a identidade da Plataforma de Contratación do Sector público (PLACSP), ben a do Responsable do Órgano de Contratación (ROC), con obxecto de que a empresa adxudicataria ingrese a garantía definitiva nunha conta corrente ou emita a correspondente factura e envíea ao ROC para ser obxecto de revisión.

A última casuística da que temos constancia é a suplantación da PLACSP mediante un correo na que se solicita a remisión, por correo electrónico, da factura en formato PDF:

 

Error mail

Ante a gravidade dos feitos, e considerando que os delincuentes poden estar a deseñar novas formas de infrinxir dano ás empresas e á propia Administración, informámoslles para que estean alerta cando reciban correos similares aos detallados no documento que se publicou na Plataforma de Contratación do Sector Público, nos apartado AVISOS, accedendo como usuario rexistrado.

Informámoslles, ademais, que a Deputación Provincial de Lugo tomou as medidas oportunas reportando a incidencia ás institucións pertinentes. 

Se teñen algunha dúbida, a Plataforma de Contratación do Sector Público está á súa disposición para realizar as aclaracións que estimen oportunas.