FACTURA ELECTRÓNICA


O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas vén de poñer en marcha un conxunto de reformas para loitar contra a morosidade no sector público, que son complementarias entre si, dirixidas tanto ás Comunidades Autónomas como ás entidades locais. Medidas de carácter conxuntural e estrutural. Dentro das medidas de carácter estrutural destaca a aprobación da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público, dotada de carácter básico e polo tanto, aplicable a todas as Administracións Públicas. Esta lei ten como obxectivo principal procurar unha maior protección dos provedores que traballan coas diferentes administracións, reducir a morosidade no sector público, e levar a cabo un mellor control contable das facturas pendentes de pago, o que contribuirá a mellorar o control do gasto público e reforzar a transparencia.

A Deputación Lugo, en cumprimento da debandita Lei 25/2013, adheriuse ao Punto Xeral de Entrada de Facturas da Administración Xeral do Estado (FACE), unha plataforma online que permite presentar facturas electrónicas ante calquera órgano da Administración Xeral do Estado (AGE).

Convértese por tanto o FACe no Punto Único de Entrada de Facturas Electrónicas da Deputación de Lugo, establecendo nas Bases de Execución do Orzamento da Deputación de Lugo que, de acordo coa Lei 25/2013, a partires do 15 de xaneiro de 2015 todas as facturas remitidas á presente Deputación Provincial por un importe superior a 5.000 € deberán presentarse en formato electrónico e a través do Punto Xeral de Entrada de Facturas da Administración Xeral do Estado (FACE).

 

FACE

 

Por outra banda, a Disposición Adicional Terceira da Orde Ministerial HAP/492/2014, do 27 de marzo, e a Orde Ministerial HAP/1074/2014, do 24 de xuño, determinan que as facturas que se expidan a partires da entrada en vigor destas ordes axustarán a codificación dos órganos administrativos que participen na tramitación das mesmas á establecida no “Directorio Común de Unidades Órganicas e Oficinas” (DIR3) de unidades administrativas comúns xestionado pola Secretaría de Estado de Administracións Públicas.

Á hora de presentar una factura o provedor deberá indicar na mesma o código DIR3 da Oficina Contable, do Órgano Xestor e da Unidade Tramitadora á que vai dirixida.

Pode consultar o DIR3 de Deputación Provincial de Lugo na seguinte ligazón:

DIR3

LIGAZÓNS RELACIONADAS: