Menu toggle
Medio Rural e do Mar, Mocidade

MARELA! 2025

 

SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME ABREVIADO DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A PROMOCIÓN E POTENCIACIÓN DE REPRODUTORAS INSCRITAS NO REXISTRO DEFINITIVO DO LIBRO XENEALÓXICO DA RAZA RUBIA GALEGA NAS EXPLOTACIÓNS DA PROVINCIA DE LUGO, ANUALIDADE 2025

 

CONVOCATORIA E BASES

 

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas, físicas e xurídicas, titulares de explotacións gandeiras da provincia de Lugo, que críen animais bovinos de pura raza Rubia Galega, sempre que posúan femia/s reprodutora/s desta raza, nacidas na propia explotación, que pasara/n ao Rexistro Definitivo do seu Libro Xenealóxico durante o ano 2024 e que cumpran os seguintes requisitos:

-Femias que proveñan do rexistro de nacementos.

-Que teñan acreditado, como mínimo, un parto antes dos tres anos de idade (36 meses).

-Que superen unha cualificación lineal mínima de 40 puntos.

-Que non posúan defectos ou caracteres eliminatorios.

-Que obteña un resultado positivo de filiación cos seus proxenitores (test de paternidade).

 

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 15 de maio ata o 11 de xuño (ambos incluídos)

 

As solicitudes deberán conter a seguinte documentación:

1.- Anexo I (Solicitude) (Descargar aquí). 

2.- Anexo II (Só no caso de persoas xurídicas) (Descargar aquí). 

3.-Copia do DNI da persoa solicitante solicitante, agás no suposto de que a solicitude sexa presentada por medios telemáticos e conste a sinatura electrónica de aquela.

4.-Copia do NIF da entidade solicitante, no caso de tratarse dunha persoa xurídica

5.- Copia do/s documento/s que acredite/n que a explotación do/da solicitante está inscrita no REGA.

Poderá acreditarse a dita inscrición con algún dos seguintes documentos, sempre que neles figure o número de inscrición:

Declaración censual anual a 1 de xaneiro do ano en curso.

Copia da folla de saneamento gandeiro (carta verde) do ano en curso.

Certificación da Oficina Agraria Virtual relativa ao censo existente, selada pola OAC.

6.- Anexo III (Emitido por ACRUGA). (Descargar aquí)

7.-DIB da cría, ao obxecto de acreditar que o parto da femia reprodutora tivo lugar antes dos 36 meses de idade.

8.- Anexo IV. (Descargar aquí)

9.- Documento bancario co número de conta para o pagamento

 

IMPORTANTE

No caso das persoas físicas, poderán elixir entre a presentación electrónica, consonte ao establecido no parágrafo anterior, e a presencial, na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros da Deputación de Lugo, sita na rúa San Marcos, 8, de Lugo, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da LPACAP.

En ambos supostos (persoas xurídicas e persoas físicas), cando sexa un terceiro o que presenta a solicitude a través de medios electrónicos, esta deberá ir acompañada, ademais dun poder notarial ou ben dun documento privado, asinado electronicamente por el e pola persoa poderdante, no que se faga constar a vontade de autorizar á persoa apoderada para que actúe no seu nome, de forma electrónica, ante as Administracións Públicas.

Asemade, nestes supostos, os anexos terán que estar asinados electronicamente polo/s titular/es da explotación que solicita a subvención.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactar a través do número de telefóno 982 260 067 de 09.00 a 14.30 horas

 

Marela! 2025