CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS AS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DA ZONA ESPECIAL DE CONSERVACIÓN – ZEC- DA SERRA DO XISTRAL (LIFE IN COMMON LAND) QUE APLIQUEN MODELOS DE XESTIÓN BASEADOS EN RESULTADOS DE CONSERVACIÓN
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 22 de abril de 2022, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común da Zona Especial de Conservación (ZEC) Serra do Xistral (LIFE IN COMMON LAND) que apliquen Modelos de Xestión baseados en Resultados de Conservación.
A concesión destas subvencións responde aos efectos positivos sobre os hábitats prioritarios que se realiza deste manexo sostible do gando e do territorio, sustentando no Modelo de Xestión Baseado en Resultados de Conservación desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela (Campus Terra de Lugo) e a Universidade da Coruña dentro do proxecto LIFE in Common Land. Estas subvencións están vinculadas a uns resultados e conlevan unha carga modal no senso de que os beneficiarios das mesmas deberán manter o Modelo de Xestión Baseado en Resultados de Conservación segundo o establecido no proxecto LIFE in Common Land.
O proxecto LIFE in Common Land conta coa contribución do Instrumento Financeiro LIFE da Unión Europea.
Presentación de solicitudes
De acordo co previsto nas bases da convocatoria, as solicitudes formularanse de xeito electrónico, dirixidas ao Presidente da Deputación de Lugo, nos mdoelos oficiais xunto coa documentación que sexa preciso achegar, a través da Sede electrónica da Deputación http://www.deputacionlugo.gal e na forma determinada no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación no BOP da provincia de Lugo do extracto da convocatoria (BOP nº 099 do 02.05.2022). É dicir, o prazo está aberto dende o MARTES 03.05.2022 ata o MARTES 31.05.2022 (ámbolos días inclusive).
Para presentar a documentación (en PDF) na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.
Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
Para máis información:
Teléfono: 982 227 813
E-mail: und.medioambiente@deputacionlugo.org
Bases da convocatoria, modelos de solicitude e de xustificación e outra documentación de interese: