Menu toggle
Medioambiente

CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2023

 

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 3 de marzo de 2023, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2023.

BENEFICIARIOS

Entidades ou asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas, inscritas no rexistro publico correspondente na data de publicación desta convocatoria, con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (en adiante, Os Ancares Lucenses), e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas de acción dos planes das ditas Reservas.

OBXECTO

Estas subvencións están destinadas ao desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade de 2023, e cuxos fins contribúan ao cumprimento dalgunha das Liñas de Acción dos Plans de Acción das referidas Reservas da Biosfera.

Os gastos subvencionables son gastos correntes (non se subvencionarán inversións).

A convocatoria inclúe dúas liñas diferenciadas:

-  A LIÑA 10.2 destinada á execución de actividades no territorio da Reserva da Biosfera Terras do Miño, do que forman parte os seguintes 26 municipios: Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade.

-  A LIÑA 10.3 destinada á execución de actividades no territorio da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, do que forman parte os seguintes 3 municipios: Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna.

CONTÍA

A cantidade destinada para a concesión das referidas subvencións será de cento dez mil euros (110.000,00 €):

  • A LIÑA 10.2 (Reserva da Biosfera Terras do Miño) está dotada con 60.000 €.
  • A LIÑA 10.3 (Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses) está dotada con 50.000 €.

A subvención que a Deputación Provincial pode conceder estará comprendida no intervalo establecido na seguinte táboa:

IMPORTE MÍNIMO

IMPORTE MÁXIMO

1.000,00 €

7.000,00 €

OUTROS DATOS

O prazo máximo de execución da actividade subvencionada será dende o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro do 2023.

Cando menos, o 5% do custo total da actuación subvencionada deberá ser financiado con recursos propios da entidade beneficiaria.

Unha mesma entidade asociativa poderá concorrer nesta convocatoria á LIÑA 10.2 (territorio da Reserva da Biosfera Terras do Miño) e, do mesmo xeito, á LIÑA 10.3 (territorio da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses). Con todo, unha mesma entidade asociativa só poderá ser beneficiaria dunha única subvención en cada liña desta convocatoria e, do mesmo xeito, só poderá presentar unha única solicitude a cada liña.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP da provincia de Lugo do extracto da convocatoria.

É dicir, o prazo está aberto dende o XOVES 16/03/2023 ata o MÉRCORES 29/03/2023 (ámbolos días inclusive).

De acordo co previsto nas bases da convocatoria, as solicitudes formularanse de xeito electrónico, dirixidas ao Presidente de Deputación de Lugo, nos modelos oficiais xunto coa documentación que sexa preciso achegar, a través da Sede Electrónica da Deputación Provincial de Lugo, así como ou a través do restantes rexistros electrónicos aos que se refire o artigo 16.4 da LPACAP.

As solicitudes deber estar asinadas electronicamente.

Para presentar a documentación (en PDF) na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

  • Sede electrónica
  • Subvencións
  • Subvencións concorrencia
  • Alta de solicitude

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
  • Entrar en "O meu cartafol"
  • Os meus expedientes
  • Incorporar documentación

Para máis información:

Teléfono: 982 227 813

E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org

                ancareslucenses@deputacionlugo.org

Bases da convocatoria, modelos de solicitude e de xustificación e outra documentación de interese:

Bases da convocatoria

Publicación anuncio convocatoria BOP 15.03.2023

Modelos de solicitude:

Anexo I: Solicitude. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt

Anexo II: Certificado do/a secretario/a da entidade. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt

Anexo III: Solicitude de autorización de subcontratación de actividades subvencionadas con 3º. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt

Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño

Plan de Acción da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá

 

 

 

 

Axenda Medioambiente, Medio Rural e do Mar