O Presidente dá a coñecer o programa E para dixitalizarse Lugo co que a Deputación ofrece 640 obradoiros gratuítos para a veciñanza do rural
José Tomé Roca presentou este xoves na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos o proxecto financiado con medio millón de euros de fondos europeos que formará a preto de 5.000 veciños e veciñas da provincia en competencias dixitais
“Esta proposta é unha mostra clara do papel da Deputación de Lugo como Concello dos Concellos. Estamos ao carón de todos os municipios da provincia, sobre todo dos máis pequenos, levando servizos e oportunidades que doutro xeito non terían”, subliñou
Os obradoiros desenvolveranse de setembro a xuño en todas as comarcas e están dirixidos principalmente a persoas maiores ou situación de desemprego, xente moza e mulleres do rural, aínda que están abertos a todas as idades e colectivos
Jue, 04/09/2025 - 14:14