EDIFICIOS, SEDES E ENTIDADES DEPENDENTES


Pazo de San Marcos
Pazo de San Marcos

O uso inicial do edificio, cuxas obras remataron en 1875 e que hoxe en día alberga o Pazo de San Marcos, foi o de hospital. Ao longo do tempo este edificio albergou o chamado Instituto General y Técnico de Segunda Enseñanza, a Escuela Normal de Magisterio Primario ou mesmo a antiga Biblioteca Provincial (ata os anos 80 do século XX).

Hoxe en día o edificio conserva a súa antiga presenza señorial, se ben co discorrer dos anos soubo adaptarse aos tempos, mellorando o seu aspecto e chegando ata o ano 2011, no que a praza mudou definitivamente debido á súa peonalización e habilitación definitiva como espazo público para a cidadanía de Lugo, sendo escenario de xogos para os máis pequenos, celebración de actos festivos, etc. Do mesmo xeito, a rehabilitación de edificios antigos ou a apertura de novos negocios na praza fixeron que este espazo pasase de ser unha zona de tránsito a un espazo de actividade para os lucenses, posto que tamén se converteu na primeira praza wifi da capital.

Rúa San Marcos, 8

Telf: 982 26 00 00


Fogar de Santa María

O conxunto arquitectónico coñecido como Fogar de Santa María, antigamente Hospital de
Santa María, foi unha das obras máis necesarias e complexas levadas a cabo en Lugo entre a
década dos anos vinte e dos anos trinta, e sen dúbida unha das actuacións municipais máis
importantes da cidade no século XX. As obras comezaron en 1918 e, destináronse para o
proxecto 1.600.000 pesetas da época. Os traballos encargáronse a Luis Bellido, un arquitecto
que gozaba dun gran recoñecemento logo das obras do novo Matadero de Madrid e do edificio
do Círculo das Artes en Lugo.

Actualmente acolle os servizos de informática de Recadación, o servizo de Cooperación e Asistencia aos Concellos, o servizo de Medio Ambiente e a sección de Formación no pavillón 1 e o servizo de Asesoría Xurídica no pavillón 2.

Ronda da Muralla, 140

Telf: 982 22 78 12

Hogar de Santa María

Museo Provincial
Museo Provincial de Lugo

Localizado no antigo convento de San Francisco, do que conserva o refectorio, a cociña e o claustro, naceu coa intención de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense. Foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 1962. O Museo conta con salas dedicadas á prehistoria e arqueoloxía, etnografía, cerámica e vidro, pintura e escultura, abanos e reloxos, numismática e medallística, así como unha sección específica de arte galega (pintura e escultura, louza de Sargadelos, ourivería e acibechería, etc.) e lugar de conservación de importantes vestixios do pasado romano da cidade, como é o caso dos magníficos mosaicos.

Praza da Soidade, s/n

Telf: 982 24 21 12


Museo Etnográfico de San Paio de Narla

A torre-fortaleza de Xiá, testemuña das revoltas Irmandiñas, é sede deste museo etnográfico e histórico nado no ano 1983. Acolle coleccións relacionadas coa agricultura e os oficios tradicionais, unha primitiva lareira, coleccións de armas brancas, armas de fogo e armaduras.

Fortaleza San Paio de Narla, s/n. A Castronela. Friol

Telf: 982 37 51 56

San Paio de Narla

Museo do Mar
Museo do Mar de San Cibrao

Ten a súa sede en San Cibrao, no concello mariñán de Cervo, e consta de catro salas, onde se reúnen e expoñen pezas relativas á historia mariñeira da provincia, tan curiosas como a caza da balea, así como unha ampla colección malacolóxica e de instrumental de navegación.

Avda. da Mariña. Cervo

Telf: 982 59 45 72


Pazo de Tor

Nun pazo situado en Terras de Lemos abre as súas portas no ano 2006 este centro museístico que ofrece aos visitantes o testemuño da vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna, permitindo visitar as dependencias do Pazo, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas que a antiga familia propietaria atesourou ao longo dos anos

San Xoan de Tor, s/n. Monforte de Lemos

Telf: 982 16 55 34.

Pazo de Tor

Terras do Miño
Centro de Interpretación Terras do Miño

Está integrado por un conxunto de casa e muíño do século XIX, situado ao pé da cidade de Lugo, na zona do río Rato. Nel combínanse modernas tecnoloxías con elementos etnográficos para ofrecer unha completa información sobre a Reserva da Biosfera de Terras do Miño, especialmente sobre o río Miño e os ecosistemas fluviais, e incrementar os niveis de educación ambiental, a través da concienciación acerca da importancia de conservar e protexer os ecosistemas, especies, recursos cinexéticos e paisaxes. Funciona coma un centro de recepción de visitantes e oficina de información e oferta actividades de educación ambiental e visitas guiadas.

Paseo do Río Rato, s/n

Telf: 982 30 59 30

 


Centro de Interpretación Etnográfico Mazo de Santa Comba

Situado no río Chamoso, na proximidades da cidade de Lugo, constitúe un importante complexo de arqueoloxía industrial, no que os visitantes poden aprender acerca da importancia da auga, que mediante unha enxeñosa arquitectura de canles, imprime forza ao mazo, serra, fraguas, pedra de afíar, muíño, etc. e do fomento e difusión da educación ambiental. Importante exemplo de recuperación do patrimonio hidráulico e etnográfico vencellado ás concas fluviais, realízanse demostracións sobre o funcionamento dos elementos que o compoñen.
É este un complexo enerxeticamente autosuficiente grazas á turbina hidráulica instalada no mazo.

Santa Comba, s/n

Telf: 982 30 45 77

Santa Comba

Santa MAría
Capela de Santa María

A actual sala de exposicións ocupa a Capela do antigo Hospital de Santa María, na Ronda da Muralla, entre a Porta Miñá e a do Bispo Odoario. Espazo de referencia no circuíto cultural lucense, recibiu xa a milleiros de visitantes atraídos por exposicións de artistas consagrados e talentos emerxentes. A Capela ten unhas fermosas vidrieiras.

Ronda da Muralla, 140

Telf: 982 21 00 66

 


Granxa Gayoso Castro

Atópase no concello de Castro de Rei e acolle, nas súas 300 hectáreas de terreo, diversas actividades do sector primario. Destacan os labores de recuperación da raza rubia galega, mediante un acordo con ACRUGA (Asociación de Criadores de Rubia Galega) e os ensaios de cultivos de especies de forraxe e de cereal. Dispón tamén dun edificio acondicionado para a docencia onde se imparten, en convenio coa Universidade de Santiago de Compostela e o IES Trapero Pardo, cursos de actualización para agricultores e gandeiros e de especialización e prácticas para os estudantes de materias relacionadas co sector.

Castro Riberas de Lea

Telf: 982 31 00 04

Granxa Gayoso Castro

Pazo dos Deportes
Pazo dos Deportes

Recinto con capacidade para 6.000 persoas, sede de equipos deportivos lucenses en competicións oficiais.

Avda. Filarmónica Lucense, s/n

Telf: 982 25 19 72


Centro de Produción de Audiovisuais

Instalacións profesionais do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, nas que se desenvolven actividades docentes e produción de contidos audiovisuais.

Rúa do Arco, 15

Telf: 982 20 62 25

Produccion de programas

TIC
Escola de Imaxe e Son

Centro no que se imparten ensinanzas de grao superior da familia profesional de comunicación, imaxe e son.

Rúa Frei Plácido Rei Lemos, s/n

Telf: 982 28 46 67


Centro de Innovación Social INLUGO

Centro experimental para a xeración de proxectos innovadores que favorezan o benestar social mediante as novas tecnoloxías. Conta con aulas formativas dotadas de numeroso material tecnolóxico, con capacidade para unhas 50 persoas.

Rúa Frei Plácido Rei Lemos, s/n

Telf: 982 28 46 67

Inlugo
 

Entidades dependentes