O Medio Ambiente de Lugo será protagonista na Grande Noite Galega de Barcelona

O Deputado de Réxime Interior, Melchor Roel, recibirá o Percebe de Ouro O Medio Ambiente da provincia de Lugo, un dos principais eixos sobre os que xira a actuación de goberno da Deputación de Lugo, será un dos protagonistas da vixésimo setima edición da Grande Noite de Galicia que se celebra este venres en Barcelona e que organiza, un ano máis, a Enxebre xuntanza do Percebe. O organismo provincial presentará os programas LugO2 e Km0 nun stand no que se facilitará información sobre estes dous importantes proxectos que teñen por finalidade o desenvolvemento sostible dos Concellos incluídos nas Reservas da Biosfera -que representan o 55% de todo o territorio da provincia-así como dar a coñecer ós lucenses a grande riqueza patrimonial e paisaxística de Lugo. O Deputado da Área de Persoal e Réxime Interior e Alcalde de Viveiro, Melchor Roel, participará nesta celebración e recibirá a insignia Precebe de Ouro en recoñecemento á contribución da Deputación e o Concello de Viveiro ó éxito da Grande Noite de Galicia en Barcelona. Este encontro anual, que se celebra na capital catalana desde o ano 1982, supón un xesto de irmanamento entre galegos e cataláns e. Cada edición congrega a numerosos galegos residentes en Cataluña, así como a destacadas personalidades de ámbalas dúas comunidades.