Máis de 120 persoas participaron na Praia do Parque Sangoñedo de Chantada, das actividades fluviais gratuítas que o Goberno da Deputación leva ao interior da provincia

Máis de 120 persoas participaron este domingo pola tarde, na Praia do Parque Sangoñedo de Chantada, das primeiras actividades fluviais gratuítas que o Goberno da Deputación leva ao interior da provincia. Esta actividade está incluída dentro do Plan Estratéxico de Turismo, cumprindo deste xeito cunha das súas liñas de actuación, que é a posta en valor dos recursos e zonas fluviais lucenses para promover o sector turístico.
Rivera Capón, explicou que con esta iniciativa buscamos reforzar a oferta lúdica e deportiva no interior do conxunto da provincia, e ao mesmo tempo poñer en valor os recursos fluviais da nosa provincia para contribuír ao impulso do turismo.
As actividades inclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs... animacións musicais ou xogos populares.
As vindeiras citas programadas nos sete Concellos son as seguintes;
· Monforte 22 de agosto - Paseo do Malecón (16:00 a 19:00 horas).
· Sarria 23 de agosto - Area de recreo O Chanto (16:00 a 20:00 horas).
· A Pontenova 26 de agosto - Pozo da Ola (17:00 a 20:00 horas).
· Guitiriz 26 de agosto Área recreativa de Parga (16:30 a 19:30).
· Trabada 27 de agosto - Ría de Abres (16:00 a 19:00 horas).
· Portomarín 1 de setembro Náutico (16:00 a 19:00 horas).
· Lugo 2 de setembro Club Fluvial (16:00 a 20:00 horas).