Poesía, música, teatro, danza e DJ´s protagonistas no IV Festival dos Eidos, co apoio da Deputación

- García Porto remarcou que “este Festival presenta unha proposta cun marcado perfil internacional e multidisciplinar, sempre acompañado pola mellor poesía e música actual, nun enclave único como son as Montañas do Courel”
- Serán máis de 70 actividades con preto de 100 artistas, ademais, realizaranse visitas guiadas a Fundación Novoneyra, ao Souto do Rubial para o avistamento de paxaros. Haberá conferencias con como Jorge Linheira e o profesor de Princetown, Germán labrador, gastrocultura, con degustacións de produtos galegos
ada de Cultura, Pilar García Porto, e o Secretario da Fundación organizadora, Uxío Novoneyra, presentaron este venres nos Xardíns da Deputación, a IV Edición do Festival dos Eidos, que conta con principal patrocinio da Deputación con 35.000 euros que contribúen para a organización de diferentes iniciativas ao longo do ano entre as que se inclúe o Festival. Esta cita multidisciplinar terá lugar dende o 22 ao 26 de agosto no Courel, concretamente nas aldeas de Paderne, Seoane, Moreda e Parada.
García Porto remarcou que esta iniciativa única envolve as montañas do Courel con poesía, música, teatro, danza e DJ´s, e continúa nesta IV Edición cunha programación de vangarda, aberta e gratuíta para todos os visitantes. O Festival dos Eidos presenta unha proposta cun marcado perfil internacional e multidisciplinar, sempre acompañado pola mellor poesía e música actual, sinalou.
A Deputada explicou que este ano a organización aumentou a programación a 5 días de duración. Participarán preto de 100 artistas en máis de 70 actividades, dende o 22 ao 26 de agosto, e poderán desfrutarse en diferentes lugares, engadindo ao circuíto do festival a aldea de Paderne, xunto aos tradicionais de Seoane, Moreda e Parada.
Uxío Novoneyra convidou a todos os visitantes e os amantes da cultura a achegarse neste días ao Courel para vivir unha experiencia única, e na que participaran artistas contemporáneos co mellor da cultura, dende poesía a DJ,s. Ademais, con esta proposta queremos dotar a esta Comarca dunha programación de vangarda no entorno do Courel, e contribuír así a visibilización deste territorio.
Programación
A IV Edición do Festival dos Eidos, terá lugar dende o 22 ao 26 de agosto no Courel, concretamente nas aldeas de Paderne, Seoane, Moreda e Parada, e conta máis de 70 actividades e preto de 100 artistas.
As poetas que participan nesta edición serán Olga Novo, Tálata Rodríguez, Teresa Moure, Olalla Cociña, Xiana Arias, Celia Parra, Nieves Neira, Genaro da Silva, Marco Paone, Paul Casey, Ciaran MacArtain, Michael O Callaghan, Sue Cosgrave, Katy DArcy, Rosy OReagan e Julie Goo entre outras.
Na música estarán Baiuca, Pelomono, proxecto spin-off de Guadalupe Plata, Atrás Tigre, Marco Foxo, Sumrrá e Anier, acompañados por DJ´s como Tristón e Sergio Canay, estas actuación serán para pechar as veladas de cada noite da programación.
No teatro estarán os portugueses Teatro da Madeira e o teatro de obxectos de Fantoches Baj. E na danza participa a referencia mundial Hisako Horikawa. Tamén haberá un programa de audiovisuais que farán dialogar o documentario e a poesía con "Vértice de Versos", "Versogramas", e unha selección de videpoemas seleccionados polos irlandeses Winter Warmer.
Visitas guiadas, conferencias e degustación de productos galegos
Ademais realizaranse visitas guiadas a Fundación Novoneyra, ao Souto do Rubial para o avistamento de paxaros, e unha visita-descobremento sobre os usos tradicionais das plantas autóctonas, e a Ferrería histórica. Tamén haberá conferencias ligadas ao feito literario-cultural, como Jorge Linheira e o profesor de Princetown, Germán labrador, gastrocultura, con degustacións de produtos galegos.
Recoñecementos
En abril de 2017 o Festival dos Eidos acadou o Galardón EFFE (Europe for Festival Festivals for Europe) que otorga a Asociación Europea de Festivais, dependente da Comisión Europea, aos eventos que representan boas prácticas no eido da creatividade, o social e o ambiental no continente. Así mesmo, como evento socio da rede LITFEST de festivais literarios en zonas isoladas, foi nomeado Boa Práctica Europea por parte da Axencia Europea de Educación e Cultura (AECEA), que xestiona os fondos Erasmus+ i Europa Creativa.