José Tomé Roca
PSdeG-PSOE
Presidente da Deputación Provincial de Lugo, alcalde de Monforte de Lemos
COMPETENCIAS
O Presidente da Deputación é cabeza da Corporación e ostenta as atribucións que lle confire a normativa vixente, especialmente polo disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. Algunhas das funcións máis destacadas do Presidente son:
- Dirixir o goberno e a administración da provincia.
- Representar á Deputación
- Convocar e presidir as sesións do Pleno e decidir os empates con voto de calidade
- Dirixir, inspeccionar e impulsar os servizos e obras cuxa titularidade ou exercicio corresponde á Deputación,
- O desenvolvemento da xestión económica de acordo co Orzamento aprobado
- Aprobar a oferta de emprego público de acordo co Orzamento e o cadro de persoal aprobado polo Pleno e para os concursos de provisión de postos de traballo e para os concursos de provisión de postos de traballo e distribuír as retribucións complementarias que non sexan fixas e periódicas
- Desempeñar a xefatura superior de persoal e acordar nomeamentos e sancións
- O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa da Deputación nas materias da súa competencia, etc.
E todas aquelas que expresamente lle atribúa a lexislación vixente e que non estean expresamente atribuídas a outros órganos.
Corresponde tamén ao Presidente o nomeamento do/s Vicepresidente/s.
Deputado Provincial polo Partido Xudicial de Monforte de Lemos.