PLENO


O Pleno é o máximo órgano de decisión da Deputación. Está formado polo Presidente e pola totalidade dos deputados. Exerce as atribucións e competencias que lle confire a Lei básica local, en particular o artigo 33 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, e as demais normas pertinentes, así como cantas outras lle atribúan as disposicións xerais, sen prexuízo das delegacións que confire o presente Regulamento. Entre outras:

 

  • Organización da Deputación Provincial.
  • Elección do presidente/a da Deputación.
  • O control e fiscalización dos órganos de goberno.
  • Aprobación e modificación do Regulamento Orgánico da Corporación , así como das ordenanzas.
  • Aprobación e modificación dos orzamentos, a disposición de gastos dentro dos límites da súa competencia e a aprobación provisional das contas, de acordo co disposto na Lei de facendas locais.
  • Aprobación do Plan Provincial de Obras e Servizos e demais plans provinciais que poida ou deba aprobar a Deputación Provincial.
  • Conceder subvencións na contía da aprobación do gasto en materia de contratación
  • Aprobación do cadro de persoal, xunto co orzamento, a relación de postos de traballo, a fixación da contía das retribucións complementarias, fixas e periódicas dos funcionarios e o número e réxime do persoal eventual, así como o réxime e retribución dos membros da Corporación.
  • Aprobación de convenios de colaboración coa Administración do Estado e outras administracións públicas ou entidades privadas, sempre que a súa contía, materia ou duración sexa da súa competencia.


O Pleno da Deputación de Lugo celebra as súas sesións ordinarias o derradeiro martes de cada mes ás 11:00 horas, sendo as sesións públicas.


 

actas

 

Ordes

 

Pleno online

 

ACTAS

ORDES DO DÍA

PLENO EN LIÑA