A continuación describimos para que serve a sinatura electrónica:
A Deputación Provincial de Lugo regula o uso da firma electrónica, de acordo co establecido no artigo 13.1 da Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, para garantir tanto a identidade dos participantes na comunicación, como a autenticidade e integridade dos documentos electrónicos.
Para a súa identificación electrónica, a Deputación de Lugo disporá dun sistema de certificado de dispositivo seguro para identificarse na nosa sede electrónica, acceder aos trámites específicos para o BOP e establecer con ela comunicación segura. Para acceder ao cartafol pode facelo dende o menú Sede Electrónica do portal da Deputación de Lugo ou directamente dende a seguinte ligazón Sede Electrónica da Deputación de Lugo.