O Gabinete de Formación ten como función vertebral formar, preferentemente, aos empregados públicos das entidades locais da provincia de Lugo.
A Deputacion de Lugo ten como visión ser un elemento estratéxico na modernización e innovación da Administración Local da provincia, mediante unha actuación formativa continuada e de calidade, dirixida a converter en competentes ás persoas que traballan nela.
A nosa misión consiste en planificar, analizar as necesidades formativas, elaborar e xestionar os plans de formación propios e os destinados á Concellos da provincia, executalos, seguilos e avalialos, baixo criterios de continuidade, calidade, eficacia, eficiencia e servizo público.
Son obxectivos xenerais do Gabinete a formación profesional, o perfeccionamento e a reciclaxe do persoal provincial, do persoal dos Concellos da provincia, a formación específica dos cargos electos locais e a colaboración en plans, xornadas e/ou cursos con outras entidades ou institucións públicas e privadas de ámbito nacional, autonómico e local ao amparo de convenios xerais e específicos.