Deputación de Lugo

Rivera Capón e Fernández Méndez entregan os premios da V Travesía a Nado Cidade de Lugo

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, entregaron este sábado os premios da V Travesía a Nado do Miño Cidade de Lugo que se celebrou nas instalacións dos Robles.​ ​Na proba deportiva participaron máis de​ ​200​ ​nadadores​​, sendo esta unha cifra récord na historia desta travesía enmarcada dentro do circuíto galego de augas abertas.​ ​​Entre eles, campións de España e Portugal en categorías Junior e Absoluta, o que lle confiriu á proba maior prestixio a nivel nacional.​​