Deputación de Lugo
Infraestruturas

O Goberno da Deputación rehabilita preto de 10 quilómetros de estradas provinciais en Cervantes

Cervantes
estradas
Estradas de Cervantes
Fernández Queipo e Gómez Tadín supervisaron os traballos de mellora do firme que o Executivo está a efectuar nas estradas provinciais LU-P-0702 e a LU-P-1401, beneficiando de maneira directa a máis de 160 veciños do municipio

As obras contan cun investimento da Deputación de 550.000 euros. Con este orzamento, acondicionaranse 9 quilómetros da LU-P-0702 e 700 metros da LU-P-140

Os traballos en ambas estradas consisten na renovación do firme, mellorando a capa de rodadura con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, incremento da sinalización horizontal e vertical e, polo tanto, aumento da seguridade vial

O Vicepresidente avanzou que “nas vindeiras semanas comezarán novos traballos na estrada LU-P-1401, concretamente nos primeiros 5,5 quilómetros desta vía. E tamén acondicionaremos 4,8 quilómetros da LU-P-1402 dende o punto 1,8 ao 6,6”

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, e o Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, supervisaron este venres os traballos de mellora do firme que o Executivo está a efectuar nas estradas provinciais LU-P-0702 e a LU-P-1401 no Concello de Cervantes. As obras contan cun investimento da Deputación de 550.000 euros. Con este orzamento, acondicionaranse 9 quilómetros da LU-P-0702 e 700 metros da LU-P-1401. Son actuacións que beneficiarán no seu conxunto a máis de 160 veciños deste municipio da Montaña Lucense.

A LU-P-0702 é a estrada que vai de Becerreá a Navia de Suarna, por San Román de Cervantes a Degrada. Actuarase entre os puntos quilométricos 0 e 3 e 17 e 23. Trátase dunha estrada de comunicación fundamental nesta zona, pois une San Román de Cervantes con Degrada, pequeno núcleo rural de Cerexido. Atravesa, ademais, por núcleos rurais como As Seixas, Eilarrío, Bolois, Catroventos, Trigais, entre outros. Con estes traballos que se están a executar beneficiarase de maneira directa aos preto de 160 veciños que viven nestes núcleos e que empregan a estrada a diario.

Fernández Queipo e Gómez Tadín tamén comprobaron o avance das obras na LU-P-1401, na que se está a mellorar o firme nun tramo de 700 metros. Trátase da estrada que vai da LU-723, por Degrada, pasando por Piornedo, e ao límite provincial. Actuarase, concretamente, do quilómetro 10,6 ao 11,3.

Os traballos en ambas estradas consisten na renovación do firme, mellorando a capa de rodadura con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, incremento da  sinalización horizontal e vertical e, polo tanto, aumento da seguridade vial. Ademais, na LU-P-0702 tamén se están a executar labores de ensanche da vía nos tramos nos que así o permite o trazado.

 

Máis melloras en vías de Cervantes
O Vicepresidente e Deputado de Vías e Obras avanzou que “nas próximas semanas comezarán novos traballos de mellora do firme na estrada LU-P-1401, concretamente nos primeiros 5,5 quilómetros desta vía. E tamén acondicionaremos 4,8 quilómetros da LU-P-1402 de San Martiño da Ribeira (LU-722)  por Quindous a Vilaquinte (LU-P-3505), dende o punto 1,8 ao 6,6. O orzamento total que destinamos a estas actuacións é de 370.000 euros”.

 

Estradas de Cervantes