Sonsoles López Izquierdo participou no IX Festival de Danza a Favor de UNICEF que organiza o Conservatorio de Lugo

A Deputada de Benestar Social e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a Presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito Cociña, participou hoxe do IX Festival de Danza a Favor de UNICEF organizada pola ANPA do Conservatorio de Lugo para recadar fondos para os programas de cooperación da ONG. Nesta ocasión, a gala foi presentada pola actriz Beatriz Serén e os alumnos representaron unha adaptación de Mary Poppins que deslumbrou ao público coa súa maxia, unindo danza a danza coa solidariedade. Esta iniciativa que leva 9 anos celebrándose contou, un ano máis cunha Fila 0 para que todas as persoas que quixesen colaboran puideran facelo incluso sen asistir.