Deputación de Lugo
Infraestruturas

Abertas ao tráfico todas as estradas da rede provincial afectadas pola borrasca Helena

estradas
infraestruturas
Imaxe deputación de lugo

O dispositivo invernal da Deputación, estivo traballando durante o día de hoxe para abrir ao tráfico todas as estradas da rede provincial. Nestes traballos actuaron 112 operarios e 64 máquinas, que fixeron fronte as incidencias causadas en 22 concellos tralo paso da borrasca Helena. Esta situación meteorolóxica adversa fixo necesaria a intervención do dispositivo que tivo que actuar, sobre todo, nas vías de Alta Montaña. Nestes intres conseguiu xa restablecer a circulación e manter a seguridade das vías.

Neste momento permanece pechada ao tráfico a estrada de Baralla, LU-P-0502 por desprendementos, na vía de Begonte, LU-P-0802, segue inundada, pero mantén aberto un carril.

Desde os servizos de emerxencia recoméndase circular con precaución, levar cadeas e reducir ao mínimo os desprazamentos, pois a alerta segue activada en toda a provincia e aínda pode haber nevadas.

Os concellos máis afectados durante a madrugada do sábado foron: Cervantes, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel, pero tamén houbo dificultades en vías da Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribeira Piquín, Quiroga, Ribas de Sil, Triacastela, Becerreá, As Nogais, O Incio, Samos, Baleira,  Taboada, Chantada, Carballedo, Baralla, O Corgo, Ourol e Muras.