O Presidente dá a benvida aos novos empregados e empregadas que prestarán servizos na Deputación

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, presidiu, na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos, o acto de toma de posesión do novo persoal da institución provincial. Os novos empregados e empregadas realizarán as súas funcións nas áreas Benestar Social e Cooperación cos Concellos. Durante o acto, tamén estivo presente a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, a Secretaria da institución, María Esther Álvarez, e o Xefe da área de Recursos Humanos, Manuel Mel.