Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación colabora con AFALU no Día Mundial do Alzheimer na concienciación da enfermidade

Deputación de Lugo
benestar
afalu
Mesa cuestación AFALU

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, visitaron a mesa informativa e de sensibilización que instalou este martes na Praza de San Marcos a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU) para a concienciación con esta enfermidade no Día Mundial do Alzheimer. A Deputación colabora con AFALU cunha achega económica de 20.000 euros para axudar na atención dos pacientes e das súas familias. Por outra banda, esta noite a fachada do Pazo de San Marcos iluminarase de cor morado por este motivo e os traballadores dos Centros de Atención a Persoas Maiores da institución provincial están a realizar un audiovisual para dar conta desta doenza dende o punto de vista profesional.