Deputación de Lugo
Economía

Segundo sorteo da campaña Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves  no Salón de Actos do Pazo de San Marcos no segundo sorteo realizado no marco da campaña Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo. No acto tamén estivo presente o presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López, e a responsable da Zona de Lugo de ABANCA, Zaira Dapena Castro. A Deputación financia esta campaña promovida pola Federación de Comercio co obxectivo de apoiar o comercio de proximidade e incentivar o consumo nos últimos días do ano. 

No sorteo celebrado hoxe participaron máis de 30.000 persoas que fixeron compras por un mínimo de 10€ no comercio minorista da provincia de Lugo. En total hoxe adxudicáronse 250 bonos de consumo por un importe de 30€ cada un, dos 1.000 dispoñibles, que poñerán en circulación 30.000€ en premios ao final da campaña.