Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Presidente participa na homenaxe da UXT á profesora Montserrat Rodríguez Souto polo 8-M

8M
UXT

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes na homenaxe que o sindicato UXT fixo á profesora Montserrat Rodríguez Souto, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. O sindicato recoñece a súa dedicación e compromiso durante máis de 30 anos, nos que desempeñou diferentes cargos orgánicos, sendo nestes momentos a responsable da Secretaría de Administración de FeSP UXT Servizos Públicos de Lugo.

Cunha traxectoria sindicalista, Tomé Roca recoñeceu que a UXT é unha organización que leva “na alma” e puxo en valor o traballo de Montserrat Rodríguez. Na homenaxe participaron outras autoridades como a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez ou a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.