CERTAME ESCOLAR DE ILUSTRACIÓN ilustrarNÓS

Cada 30 de xaneiro, desde 2014, celebramos o Día da Ilustración como xeito de impulsar esta arte, popularizar a obra de diferentes profesionais e animar á creación artística como punto de partida para novos valores da ilustración galega.

Este ano, a persoa homenaxeada é Chichi Campos, un dos máis talentosos e prolíficos humoristas gráficos galegos da historia, dotado de tanto
enxeño como retranca. Cofundou a primeiros dos setenta con Xosé Díaz Arias e Luís Caparrós Esperante o grupo de banda deseñada de O
Castro. Este colectivo publicaría desde Suíza a revista "A cova das choias" (1974), en cuxo único número se combinaba a crítica social e a experimentación formal. Entre 1973 e 1975, participou en exposicións pioneiras da novena arte en terras galegas. Subversivo e irreverente,
parodiou na transición á democracia o status quo tanto político como económico da época, e tamén os estamentos militares e relixiosos. Chichi Campos, como director, e José Ramón López fundaron en 1973 a galería de arte Mestre Mateo na Coruña, proxecto que duraría un lustro. 

Co obxectivo de popularizar a súa figura e promover a creatividade artística e plástica entre o alumnado, desde a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo convidamos aos centros de ensino da provincia de Lugo e en especial aos Departamentos de Educación Plástica e Visual a participaren no III Certame Escolar de Ilustración ilustrarNós.

Bases

Ficha de inscrición