Deputación de Lugo

A Deputación asiste á xornada académica de apertura da exposición Elvira López Mourín, unha enfermeira de altura

homenaxe

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este luns ao acto académico de apertura da exposición Elvira López Mourín, unha enfermeira de altura, que acolleu o salón de actos do Complexo Universitario de Humanidades, Enfermería e Relacións Laborais de Lugo. 

García Porto salienta a importancia de darlle visibilidade “á historia de mulleres coma Elvira, pioneira da enfermería ao participar nun voo médico na guerra do Rif en 1922 e veciña da provincia, en concreto de Láncara”. Puxo en valor o traballo que se desenvolveu dende a Academia de Enfermería de Galicia e dende o Colexio de Enfermería de Lugo por impulsar actividades para que a súa figura se coñeza.