Deputación de Lugo

A Deputación recibe de Securitas Direct unha distinción á provincia por estar entre as máis seguras de España

Securitas Direct
seguridade

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu este luns en nome da Deputación de Lugo a Placa de Ouro da Seguridade, unha distinción que lle entregou Javier Iglesias, director Territorial Noroeste de Securitas Direct, e Patricia González Suárez, xerente de Lugo de Securitas Direct.

A compañía publicou recentemente un barómetro de seguridade que recolle as comunidades autónomas, as provincias e cidades máis seguras de España. Na caso de Lugo, atópase entre as máis seguras do país, na quinta posición. Unha clasificación que se establece en función dunha porcentaxe que combina o número de saltos de alarmas reais por zona, tendo como referencia o número de clientes que teñen en cada zona.