Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación celebra cos veciños e veciñas o magosto de Taboada dos Freires

Taboada
MAGOSTO

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto,  participou este sábado no magosto de Taboada dos Freires, que celebra a Asociación de Veciños de San Xulián do Campo nesta parroquia taboadesa. A cita consistiu nunha misa na igrexa de Santa María dos Freires e nun xantar que tivo lugar no local social recentemente acondicionado grazas á colaboración da Deputación. Para dito fin, a institución provincial achegou ao colectivo veciñal 6.000 euros, a través do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios.