Deputación de Lugo

Escolares do colexio Sagrado Corazón de Lugo coñecen o funcionamento da Deputación cunha visita a San Marcos

CEIP Sagrado Corazón

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos a 37 escolares de entre 11 e 12 anos do CEIP Sagrado Corazón de Lugo. No encontro, que tivo lugar no Salón de Actos, García Pernas explicoulles o que é a Deputación e o papel que xoga no día a día dos cidadáns. O alumnado fixo un percorrido polas instalacións provinciais e rematou a visita no Salón de Plenos, onde coñeceu parte da historia do edificio que hoxe é a sede principal da Deputación de Lugo.